Tuesday 30 de April de 2024

A Romaría das Merendiñas celebrarase definitivamente nos xardíns das Torres


Atendendo aos cambios nos últimos partes meteorolóxicos para mañá, a Romaría das Merendiñas vaise celebrar definitivamente nos xardíns das Torres de Santa Cruz. A festa comezará ás 13:00 horas, sendo preciso presentar para acceder ao recinto a invitación entregada nos domicilios.

Todas as persoas maiores de 60 anos do municipio están invitadas a participar. A romaría comezará ás 13:00 horas coa actuación da Banda da Escola Municipal de Música. Despois será o xantar, composto por empanada, roxóns, chourizo ao estilo Santaia, larpeira e queixo con marmelo. Ao rematar haberá baile coa orquestra Catro en liña e Eric Hidalgo e co solista Carlos Manteiga.

Para facilitar o acceso de todas as persoas participantes haberá tres autobuses que percorrerán todas as localidades de Oleiros. O percorrido dos autobuses comeza en todos os casos ás 12:30 h. As rutas serán as seguintes:

1.Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda: Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo. Aba, A Torre, Igrexa Dexo, A Escola, Broño, A Igrexa, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo.

2. Perillo, Montrove: Centro Cultural, Solana, Lucín, Beiramar, Che Guevara (adegas de viño), Parador.

3. Oleiros, Iñas, Nós: As Torres (parada de bus), A Cova, Campamento (parada de bus Betanzos), Arenaza (cruzamento entrada urbanización), O Piñeiro, Os Vilares, a Chasqueira, Vilanova, Casa do Pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (Policía Local).

Un elemento fundamental desta festa é a implicación e participación de numerosas persoas que colaboran desinteresadamente na organización e desenvolvemento desta romaría, unha axuda imprescindible para que As Merendiñas poidan realizarse.